I CINEMA POR MULLERES A CORUÑA 2023
CANTÓNS CINES. CENTRO COMERCIAL CANTÓNS VILLAGE
Av. Porto da Coruña, 3, 15003. A Coruña
Mércores, xoves, venres, sábado e domingo.
Horarios de dous pases por día: 18.00 h e 20.00 h
Prezo da entrada: 4,50 €. Con desconto: Carné Xove, maiores de 65 anos, familias numerosas e desempregados: 3 €
Proxecións en versión orixinal subtitulada
No marco das actividades organizadas polo Concello da Coruña en torno ao día Internacional da Muller 2023, arrinca a I Mostra Internacional de Cinema por Mulleres A Coruña, producida por el Festival Cine por Mujeres Madrid, que terá lugar do 22 de marzo ao 2 de abril de 2023 en Los Cantones Cines, Centro Comercial Cantóns Village. Con ela, preténdese achegar ao público da cidade unha selección das máis recentes longametraxes internacionais e nacionais dirixidas por mulleres, realizadas entre 2021 e 2022.
As 20 películas que se proxectarán xa formaron parte da Competición Nacional e Internacional da V edición do Festival de Cine por Mujeres Madrid, que tivo lugar do 25 de outubro ao 6 de novembro do 2022. Entre elas, atópanse as dúas películas gañadoras: a multipremiada “Cinco Lobitos”, da directora española Alauda Ruiz de Azúa -que conquistou os Forqué, os Feroz e recibiu 3 premios Goya: Mellor dirección Novel, Mellor actriz protagonista, Mellor actriz de reparto- e “Estación Catorce” da directora mexicana Diana Cardozo -gañadora da competición da V edición do Festival Cinema por Mulleres Madrid como Mellor Película de 2022-.
As 10 longametraxes internacionais proveñen de Alemaña, Colombia, Eslovaquia, Estados Unidos, Dinamarca, Marrocos, México, Siria, Suecia e unha coprodución de Turquía e Ucraína. Todas elas, estreadas en España no marco da V edición do festival, competiron polo Premio á Mellor Película 2022, cuxo xurado internacional estivo composto por Irene Escolar, actriz (España), Ana Katz, directora (Arxentina) e Víctor García León, director (España).
A selección das 10 películas españolas, realizadas entre 2021 e 2022, tamén se compón de longametraxes multi premiadas e seleccionadas en diversos festivais nacionais como Valladolid-SEMINCI, o Barcelona FilmFest, o Festival de Sitges ou o Festival de Málaga, e internacionais como Cannes, Berlinale ou Sundance. Trátase dnha variada selección de ficción -drama, comedia familiar, terror, experimental- e documental, que ofrece ao público coruñés unha oportunidade única de poñerse ao día sobre a recente produción cinematográfica do noso país dirixida por mulleres. Todas as longametraxes competiron polo Premio á Mellor Película Española 2022 do Festival Cine por Mujeres Madrid, dirimido por críticos cinematográficos da Asociación Premios Blogos de Ouro.
A I Mostra Internacional de Cinema por Mulleres A Coruña está patrocinada por Sidras Maeloc, que colabora co Festival Cine por Mujeres Madrid desde a súa primeira edición en 2018: “Para MAELOC é un exercicio lóxico de coherencia o seguir apoiando por sexto ano consecutivo este Festival, aínda máis cando este ano, por primeira vez, expándese á nosa terra cunha edición inédita en Galicia”, indican dende o departamento de comunicación.
O proxecto súmase á oferta cultural anual dunha cidade que se enorgullece do legado das numerosas coruñesas que destacaron en diversas áreas da cultura a escala nacional e internacional: desde a actriz María Casares ata as escritoras Emilia Pardo Bazán e Juana de Vega, pasando pola pintora Lolita Díaz Baliño ou a lendaria heroína María Pita.
Con esta iniciativa, o Concello da Coruña, en colaboración coa organización do Festival Cine por Mujeres Madrid e Sidras Maeloc, amplía a súa variada oferta cultural e a súa aposta por unha cinematografía de calidade e diversa que, en ocasións, a pesar de ser multi-premiada por crítica e público, e de recibir grandes recoñecementos nacionais e internacionais, non adoita chegar á distribución comercial en salas. Este programa complementa outras iniciativas como as desenvolvidas polo Concello a través das súas propias salas de cinema do Fórum Metropolitano, á vez que prosegue coas súas accións políticas de igualdade, visibilizando a importancia e presenza da muller, neste caso, no ámbito da cultura e da industria cinematográfica.
PARRILLA PROGRAMACIÓN
Semana 1 - 22 ao 26 de marzo
Mércores 22 de marzo
- Viaje a alguna parte (documental sobre Fernando Fernán Gómez e Emma Cohen), de Helena de Llanos. 18.00 horas
- Los reyes del mundo, de Laura Mora (Colombia). 20.00 horas
Xoves 23 de marzo
- Sinjar, de Anna Bofarull (España e EEUU). 18.00 horas
- Maya Nilo (Laura), de Lovisa Sirén (Suecia). 20.15 horas
Venres 24 de marzo
- El comensal, de Ángeles González-Sinde. 18.00 horas
- Klondike, de Maryna Er Gorbach (Ucraína e Turquía). 20.00 horas
Sábado 25 de marzo
- Héroes de barrio, de Ángeles Reiné. 18.00 horas
- Estación Catorce, de Diana Cardozo (México). 20.00 horas
Domingo 26 de marzo
- Cerdita, de Carlota Pereda. 18.00 horas
- Svetlonoc (Nightsiren), de Tereza Nvotová (Eslovaquia). 20.00 horas
Semana 2 - 29 de marzo ao 2 de abril
Mércores 29 de marzo
- Sis dies corrents (Seis días corrientes), de Neus Ballús. 18.00 horas
- Palm Trees and Power Lines, de Jamie Dack (EE.UU). 20.00 horas
Xoves 30 de marzo
- Canción a una dama en la sombra, de Carolina Astudillo. 18.00 horas
- Ønskebarn (Baby Pyramid), de Cecilie McNair (Dinamarca). 20.15 horas
Venres 31 de marzo
- Chavalas, de Carol Rodríguez Colás. 18.00 horas
- Nezouh, de Soudade Kaadan (Siria). 20.00 horas
Sábado 1 de abril
- La voluntaria, de Nely Reguera. 18.00 horas
- Le Bleu du Caftan (El caftán azul), de Maryam Touzani (Marrocos). 20.00 horas
Domingo 2 de abril
- Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa. 18.00 horas
- Wir könnten genauso gut tot sein (We might as well be dead), de Natalia Sinelnikova (Alemaña). 20.00 horas
EQUIPO MOSTRA
DIRECCIÓN:
Carlota Álvarez Basso e Diego Mas Trelles
COMITÉ DE PROGRAMACIÓN:
Elena Manrique, María Angulo, Laura Maza
PRODUCIÓN E COMUNICACIÓN MADRID:
María Angulo
PRODUCIÓN E COMUNICACIÓN A CORUÑA:
Andrea Franco
REDES SOCIAIS:
Elena López Pérez
DESEÑO:
El vivero
WEBMASTER:
Bonaval Multimedia, Vigo
PRENSA E COMUNICACIÓN:
Prismaideas
Contacto:
Tel. +34 660 573 049
