III CINEMA POR MULLERES A CORUÑA 2025
PROMOVE:
COLABORA:
PATROCINA:
PRODUCEN:
DATAS
ACTIVIDADES:
Mércores 12 de marzo, 12:00h. XUNTANZA DO AUDIOVISUAL GALEGO - III CINEMA POR MULLERES A CORUÑA
Centro Sociocultural Ágora
Avda. da Gramela, 17, 15010 A Coruña
Entrada só con invitación
Mércores 12 de marzo, 18:00h. MESA REDONDA
“Galicia: nós tamén producimos longametraxes”
Centro Sociocultural Ágora
Avda. da Gramela, 17, 15010 A Coruña
Entrada libre, ata completar a capacidade
** Con interpretación en lingua de signos
PROXECCIÓNS:
Do mércores 12 ao domingo 30 de marzo.
Pases: mércores, venres, sábado e domingo.
Horarios: mércores, venres, sábado: 18h e 20.30h (dous pases por día); domingos 18h.
CANTONES CINES
Centro comercial Cantones Village
Av. Porto dá Coruña, 3, 15003. (A Coruña)
* Con subtítulos en castelán
** Con intérpretación en lengua de signos
![]()
Sesión inaugural: mércores 12 de marzo, 20.30h. (Con presentación e coloquio coa directora).
Prezo de entrada: 4,50 €. Con desconto: carné novo, maiores 65 anos, familias numerosas e desempregados: 3 €.
Todas as películas proxectaranse en V.Ou.S.E.
Excepto a sesión inaugural, todas as proxeccións serán presentadas en galego pola xornalista e crítica cinematográfica Andrea Franco.
Presentación do III Cinema por Mulleres A Coruña
mostra internacional de longametraxes
O Concello da Coruña organiza, desde 2023, Cinema por Mulleres A Coruña, Mostra Internacional de Longametraxes, con motivo da celebración, no mes de marzo, do Día Internacional da Muller. En 2025, a cidade volve apostar polo cinema dirixido por mulleres e celebrará a súa terceira edición do 12 ao 30 de marzo de 2025, na que organizará un encontro de networking da industria cinematográfica galega, unha mesa redonda sobre produción e industria cinematográfica en Galicia, e programará unha mostra de 20 longametraxes recentes en Cantones Cines (Centro Comercial Los Cantones Village) da Coruña.
A mostra conta co patrocinio da coñecida marca de Sidras Maeloc, cuxos produtos son elaborados a partir de mazás 100% galegas, provenientes de cultivadores/as autóctonos/as. Un ano máis, Sidras Maeloc apoia a creación e visibilidade das mulleres na industria cinematográfica.
A dita mostra, que atrae a un gran número de público, componse dunha coidada selección de 10 longametraxes internacionais e 10 españolas realizadas nos dous últimos anos. Das 20 proxeccións, 13 serán estreas comerciais na Coruña, a pesar de ser multipremiadas e de ter unha grande acollida por parte da crítica e o público. En poucas palabras, esta variada selección de 19 ficcións (drama, histórica, policial) e un documental é unha oportunidade única de poñerse ao día sobre a recente produción cinematográfica española e internacional.
Este ano Cinema por Mulleres A Coruña será máis accesible grazas ao subtitulado de 12 das 20 proxeccións e á presenza dun/dunha intérprete de lingua de signos o día 12 de marzo, durante a mesa redonda no Centro Sociocultural Ágora, e tamén, ese mesmo día, na sesión inaugural nos Cantones Cines, con presentación e coloquio posterior coa directora de As Neves.
Por segundo ano consecutivo, para iniciar a mostra, desenvolverase unha mesa redonda coa participación de grandes profesionais do sector cinematográfico galego, para poñer en valor o florecemento da súa produción audiovisual, tanto de longametraxes como de series, ante o gran volume de películas rodadas e producidas en Galicia. Nesta ocasión, acompañaranos Ignasi Camós, director xeral do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), do Ministerio de Cultura, quen, ademais de conversar na mesa redonda sobre as iniciativas do Goberno de España, terá ocasión de saudar persoalmente a parte do sector audiovisual de Galicia e departir con profesionais, representantes de organismos e de empresas de Galicia.
Españolas
Internacionais
PROGRAMACIÓN
Mércores 12 de marzo: 12h
XUNTANZA DO AUDIOVISUAL GALEGO - III CINEMA POR MULLERES A CORUÑA
Centro Sociocultural Ágora
Avda. da Gramela, 17, 15010 A Coruña
Entrada só con invitación
Café de networking, coa participación de representantes do Concello da Coruña, de Ignasi Camós, director xeral do ICAA -Ministerio de Cultura, e de profesionais, organismos e empresas do sector audiovisual de Galicia
Mércores 12 de marzo: 18h
MESA REDONDA
“Galicia: Nos tamén producimos longametraxes”
Centro Sociocultural Ágora
Avda. da Gramela, 17, 15010 A Coruña
Entrada libre, ata completar a capacidade
Participantes:
- Chelo Loureiro: directora e produtora de cinema (Ábano Producións), Ferrol / A Coruña
- Emma Lustres: produtora de cinema (Vaca Films), A Coruña
- Gonzalo Castro: concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña
- Ignasi Camós: director xeral do ICAA, Ministerio de Cultura, Goberno de España
- Verónica Buide: produtora executiva, avogada, ex-presidenta de MIA (Mujeres en la industria de la animación), A Coruña
Modera: Alexia Muiños, Directora ejecutiva de EWA (European Women 's Audiovisual Network). A Coruña / Barcelona.
Presentan: Carlota Álvarez Basso y Diego Mas Trelles, directores y fundadores de Cinema por Mulleres A Coruña
Con interpretación en lingua de signos

Más información de la mesa redonda
PROXECCIÓNS
Mércores 12 de marzo: 20h30
As Neves
Sonia Méndez (España)
Ficción, 82’
Produción: España, 2024
Un grupo de adolescentes celebra o Entroido. Paula desaparece despois da festa. Mentres, a aldea galega das Neves queda incomunicada e iníciase a investigación.
- Mejor Película Biznaga de Oro en Málaga e nominada en San Sebastián.
- Presentación e coloquio posterior a cargo da súa directora e os directores de Cinema por Mulleres A Coruña
* Con subtítulos en castelán
** Con intérpretación en lingua de signos
Venres 14 de marzo: 18h
Las chicas de la estación
Juana Macías (España)
Ficción, 121’
Produción: España, 2024
Jara e as súas amigas viven nun centro para menores de Mallorca. Ante a súa precaria situación, as dificultades da rúa e a crueldade do mundo adulto, tomarán perigosas decisións. A amizade faraas máis fortes.
- Seleccionada no Festival de San Sebastián
- Estrea na Coruña
Venres 14 de marzo: 20h30
L’Homme d’ argile (The dreamer)
Anaïs Tellenne (Francia)
Ficción, 94’
Produción: Francia, 2023
Raphaël coida dunha mansión onde xa non vive ninguén, ata que unha noite a herdeira da leira regresa e nada volverá ser o mesmo.
- Seleccionada no Festival de Venecia, BAFICI, TIFF, Transilvania, D’A. Premio do público en Busan.
-Estrea na Coruña.
* Con subtítulos en castelán
Sábado 15 de marzo: 18h
Soy Nevenka
Icíar Bollaín (España)
Ficción, 110’
Produción: España, 2024
Nevenka F., concelleira de Ponferrada, sufriu no ano 2000 o acoso do alcalde. Tras denuncialo, pagará un prezo moi alto.
- Premio Agenda 2030 Euskadi Basque Country no Festival de San Sebastián.
* Con subtítulos en castelán
Sábado 15 de marzo: 20h30
Horia
Ana-Maria Comanescu (Romanía)
Ficción, 108’
Produción: Romanía, Bulgaria, Serbia, 2023
Horia, un adolescente inquieto, colle a moto do seu pai e escapa para reunirse co seu amor. No camiño vivirá encontros inesperados.
- Seleccionada nos festivais de Sofia e de Transilvania.
-Estrea na Coruña.
* Con subtítulos en castelán
Domingo 16 de marzo: 18h
Sujo
Astrid Rondero/Fernanda Valadez (México)
Ficción, 121’
Produción: México/EEUU/Francia, 2023
Cando o seu pai, un sicario, é asasinado, Sujo medra baixo a sombra da violencia.
- Gran Premio do Xurado en Sundance, premiada en Toulouse, Sofía (Bulgaria), San Sebastián. Candidata ao Óscar e ao Goya por México.
-Estrea na Coruña
PROXECCIÓNS
Mércores 19 de marzo: 18h
La infiltrada
Arantxa Echevarría (España)
Ficción, 120’
Produción: España, 2024
Unha infiltrada durante anos na esquerda abertzale. ETA contacta con ela e empeza a misión máis difícil da súa vida: informar os seus superiores mentres convive con terroristas. Historia baseada en feitos reais.
Trece nominacións aos Premios Goya 2025, Premio Goya á Mellor película, Goya á Mellor actriz protagonista (Carolina Yuste); Premio Forqué á Mellor Interpretación Feminina (Carolina Yuste), Premio Feroz á Mellor Dirección, Premio á Mellor Película Española do Festival Cine por Mujeres Madrid 2024.
Mércores 19 de marzo: 20h30
Mond (Moon)
Kurdwin Ayub (Iraq / Austria)
Ficción, 92’
Produción: Austria, 2024
Sarah deixa Austria para adestrar a tres irmás no Medio Oriente que, illadas e baixo vixilancia, non parecen interesarse polo deporte. Para que a contrataron?
Gañadora do Gran Premio do Xurado e outros 2 premios máis no festival de Locarno. Premio á Mellor película internacional do VII Festival Cine por Mujeres Madrid, 2024.
-Estrea na Coruña.
* Con subtítulos en castelán
Venres 21 de marzo: 18h
Un lugar común
Celia Giraldo (España)
Ficción, 88’
Produción: España, 2024
Pilar é unha nai entregada e unha enfermeira respectada, ata o día que é despedida. Fóra de lugar ante este baleiro, descubrirá que pode explorar e atopar unha nova Pilar.
- Seleccionada nos festivais D’A, Atlántida, Cerdanya. Premio Gaudí a la Mejor Dirección Novel.
Venres 21 de marzo: 20h30
Samia
Yasemin Samdereli (Alemaña)
Ficción, 102’
Produción: Italia/Alemaña/Bélxica, 2024
Samia desafía os tabús correndo polas rúas de Mogadiscio (Somalia), onde se supón que unha muller non debe correr. A súa paixón levaraa aos Xogos Olímpicos.
- Premio do Público no Festival de Munich e premiada no Festival de Tribeca.
-Estrea na Coruña.
* Con subtítulos en castelán
Sábado 22 de marzo: 18h
Nina
Andrea Jaurrieta (España)
Ficción, 105’
Produción: España, 2024
Nina volve á vila onde medrou, cunha escopeta no bolso e un obxectivo: a vinganza.
- Seleccionada no Festival de San Sebastián, D’A, As Palmas. Premio da Crítica en Málaga.
Sábado 22 de marzo: 20h30
Les enfants perdus (Lost Children)
Michèle Jacob (Bélxica)
Ficción, 83’
Produción: Bélxica, 2023
Audrey e os seus irmáns quedan abandonados nunha casa cando o seu pai desaparece. Queren irse, pero o bosque impídeo…; entón empezarán os pesadelos.
- Seleccionada nos festivais de São Paulo, Montpellier e Premiada en Bruxelas
- Estrea na Coruña.
* Con subtítulos en castelán
Domingo 23 de marzo: 18h
Marisol, llámame Pepa
Blanca Torres (España)
Documental, 87’
Produción: España, 2024
Un relato sobre os límites entre o personaxe da nena prodixio, Marisol, e a vida da muller que se escondía tras ela, Pepa Flores.
- Seleccionada no Festival de Málaga.
-Estrea na Coruña.
PROXECCIÓNS
Mércores 26 de marzo: 18h
Salve María
Mar Coll (España)
Ficción, 111’
Produción: España, 2024
María, escritora e nai primeiriza, quere comprender a intensa experiencia da súa propia maternidade escribindo sobre Alice, unha muller que afogou os seus fillos nun terrible incidente.
- Premio Goya á Mellor actriz revelación; Premio á Mellor Actriz en SEMINCI, Premio Feroz á Mellor Película Dramática, Premio Feroz ao Mellor Cartel, Premio Gaudí ao Mellor Guión Adaptado e Mellor Actriz Revelación, Mención do Xurado e 3.º Premio da Xuventude en Locarno (Suíza).
-Estrea na Coruña.
* Con subtítulos en castelán
Mércores 26 de marzo: 20h30
Bird
Andrea Arnold (Reino Unido)
Ficción, 119’
Produción: UK, 2024
Bailey achégase á puberdade e vive nunha casa ocupada co seu irmán e o seu pai. Ante a falta de atención, Bailey buscará aventuras pola súa conta.
- Seleccionada no Festival de Cannes e premiada no Festival de Hamburgo.
* Con subtítulos en castelán
Venres 28 de marzo: 18h
Por donde pasa el silencio
Sandra Romero (España)
Ficción, 99’
Produción: España, 2024
LGTBIQ+
Antonio regresa a Écija unha Semana Santa para axudar o seu irmán xemelgo e enfróntase á súa vida pasada; debe decidir se queda ou retoma o seu propio camiño.
- Seleccionada no Festival de San Sebastián, nominada á Mellor Dirección Novel nos Premios Goya 2025.
- Estrea na Coruña.
Venres 28 de marzo: 20h30
Hunting Daze
Annick Blanc (Canadá)
Ficción, 79’
Produción: Canadá, 2024
Neste thriller, Nina únese a un grupo de cazadores no bosque, unha microsociedade masculina cuxo equilibrio se verá ameazado coa chegada dun descoñecido.
- Premio do Público no Fantasia Film Festival de Quebec.
-Estrea na Coruña.
* Con subtítulos en castelán
Sábado 29 de marzo: 18h
Vena
Chiara Fleischhacker (Alemaña)
Ficción, 116’
Produción: Alemaña, 2024
Jenny e o seu noivo comparten metanfetamina e un bebé. Jenny debe enfrontar a súa situación, pero a solución non estará nas súas mans.
- Seleccionada no Festival de Hamburgo.
- Estrea na Coruña.
* Con subtítulos en castelán
Sábado 29 de marzo: 20h30
Unmoored
Caroline Ingvarsson (Suecia)
Ficción, 93’
Produción: Suecia/UK/Polonia, 2023
A vida dunha presentadora de TV vénse abaixo cando se enfronta ao seu marido. A súa fuxida precipita unha cadea de mentiras e de paranoias neste impactante thriller.
- Seleccionada no Festival de Tällinn
- Estrea na Coruña.
* Con subtítulos en castelán
Domingo 30 de marzo: 18h
Los destellos
Pilar Palomero (España)
Ficción, 101’
Produción: España, 2024
Tras quince anos afastada do seu ex-marido, Isabel acompáñao no seu momento máis vulnerable. Conseguirá ver, con outros ollos, o fracaso que viviron.
- Premio á Mellor Interpretación en San Sebastián, nominada a catro Premios Goya 2025.
Editorial
AS MULLERES, UNHA MINORÍA MAIORITARIA
Ao longo dos meses que transcorren entre unha edición e a seguinte, lemos textos, frases e comentarios de autoras e xornalistas que sempre nos interpelan. Inspírannos para escribirmos este editorial. Aquí van algunhas frases que deberían gravarse cun cicel sobre pedra:
-“Na maior parte da Historia, “Anónimo” era unha muller”. Tan desoladora como certeira, esta frase de Virginia Woolf sublíñanos que o Festival non soamente lles pon nome e apelidos a moitas autoras que están nas marxes, senón que, ademais, trae a España excelentes longametraxes de cinematografías afastadas ou pouco coñecidas que doutra forma non se verían, ou tardarían en verse.
-Max Frisch, o escritor suízo, dixo no seu primeiro encontro coa poeta austríaca Ingeborg Bachmann: “Os homes non coñecen as mulleres, por iso é importante que se representen a si mesmas”. Ata hai poucos anos, a maioría das vidas das mulleres foron narradas desde o punto de vista masculino e androcéntrico. Ademais, a crítica e os historiadores ignoraron, cando non borraron, o labor creativo da metade da humanidade. Por iso, a nosa contribución consiste en mostrarmos longametraxes cuxas directoras contan historias con protagonistas diversas, complexas, polifacéticas e, por que non, contraditorias, películas que alteran os relatos e rompen os estereotipos habituais.
-“Unha muller transfórmase cando descobre que ten unha historia”, sinala Gerda Lerner, historiadora e pioneira feminista, de orixe austríaco, que entendeu a Historia das Mulleres como un posicionamento político e soubo enlazar o seu traballo co de xeracións anteriores de mulleres, ao rescatar e deseñar unha xenealoxía feminina.
-Nun ton máis enxebre, Ángeles Caso, a xornalista e escritora, redunda nesta idea: “Sei ben o ansiosas que estamos todas por descubrir que non procedemos dunha masa amorfa e gris de mulleres que pasaron a vida parindo e coidando pucheiros”. É obvio que, se non houbese mulleres que paren e que fan pucheiros, a humanidade non existiría como tal e nós non estariamos aquí, pero tamén é ben certo que coñecer referencias de artistas e creadoras anteriores a nós, que fixeron historia, axúdanos a medrar.
Mentres, volven comentarios, sentenzas xudiciais, xestos; recorrentes e incesantes, por parte dunha sociedade conservadora que non tolera ningún tipo de cambio ou disidencia, que atente contra os valores tradicionais, que nos alertan, póñennos á defensiva e reafírmannos na necesidade de seguir con este festival. Porque o cinema, as series, a televisión, os medios de comunicación, as redes sociais e os algoritmos, que chegan a diario a millóns de persoas, propoñen modelos de conduta e outórganlles visibilidade a uns estereotipos determinados fronte a outros. Por iso, con este proxecto, apoiados polas nosas entidades e sedes colaboradoras, polos patrocinadores, polas directoras e polo público, que son os nosos cómplices, intentamos ofrecerlle un relato distinto e diverso a un público de idades e contextos diferentes. Viva a diferenza. Gocen da mostra.
Carlota Álvarez Basso e Diego Mas Trelles
Directores de Cinema por Mulleres A Coruña
CRÉDITOS
PROMOVE: Concello da Coruña
COLABORA: Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA). Ministerio de Cultura. Goberno de España
PATROCINA: Maeloc
PRODUCEN: Festival Cine por Mujeres Madrid, Asociación Paracultural y Limbo Producciones S.L.
EQUIPO MOSTRA
DIRECCIÓN:
Carlota Álvarez Basso e
Diego Mas Trelles
COMITÉ DE PROGRAMACIÓN:
Elena Manrique, María Angulo
PRODUCIÓN:
Florencia Caset Alfonso
COORDINACIÓN:
María R. Collado
COMUNICACIÓN E REDES:
Paloma Casado
COORDINACIÓN DE INVITADAS:
María Calle
PRESENTADORA NA CORUÑA:
Andrea Franco
DESEÑO:
El Vivero
WEBMASTER:
Bonaval Multimedia SL, Vigo
PRENSA E COMUNICACIÓN:
Prismaideas
Contacto:
Tel. +34 660 573 049

