Mesa redonda A Coruña 2025
Galicia: nós tamén producimos longametraxes
Mércores 12 de marzo,18.00h.
Centro Sociocultural Ágora
Avda. da Gramela, 17, 15010 A Coruña
Entrada libre, ata completar a capacidade
CONVIDADOS/AS:
Alexia Muiños
Alexia Muíños Ruiz é unha cineasta, actriz e docente nada na Coruña. Graduouse como directora e guionista na escola CECC de Barcelona e completou a súa formación en Nova York. En 2015 funda a súa produtora Marineda Films. As súas películas Noche Transfigurada, Asuntos domésticos, Medianoche, Domingo por la mañana e En RE DO foron premiadas internacionalmente. Traballou en múltiples postos na industria audiovisual: de runner, coach de actores e como directora e produtora. Compaxina o seu traballo como directora independente coa interpretación, a docencia e o activismo feminista dentro de European Women's Audiovisual Network e Dones Visuals, da que é unha das socias fundadoras.
Chelo Loureiro
Chelo Loureiro produciu máis de vinte proxectos e cultivou máis de trescentos premios en festivais internacionais, cuatro Premios Goya, un Premio Gaudí e dez premios Mestre Mateo.
Valentina, a súa primeira longametraxe como directora, tivo o Premio Goya á Mellor Película de Animación 2022, e en 2023 como produtora de Unicorn Wars, de Alberto Vázquez.
En 2024 recibió lana Medalla de Oro al Mérito en lanas Bellas Artes.
Emma Lustres
Emma Lustres funda en 2003, xunto a Borja Pena, a produtora audiovisual VACA FILMS STUDIO, co obxectivo de desenvolver e producir longametraxes cinematográficas de alta calidade e éxito comercial destinados ao mercado nacional e con alta capacidade de internacionalización.
Vaca Films estableceuse como unha das produtoras independentes líderes en España e, entre as súas producións, destacan algúns dos grandes éxitos do cinema español, como El niño e Celda 211, de Daniel Monzón ou Quien a hierro mata, de Paco Plaza. El desconocido, Cien años de perdón, La sombra de la Lley, Código emperador, Fatum ou Hasta el cielo son outras das películas da produtora. Todas elas, longametraxes de éxito comercial e foron recoñecidas, algunhas delas, en festivais de gran prestixio, como o de Venecia, Toronto, Berlín ou San Sebastián e que se distribuíron en todo o mundo a través das principais plataformas (Netflix, Prime Vídeo, Movistar+…) e distribuidoras internacionais como a francesa Playtime ou StudioCanal.
Desde VACA TV e VACA NET, produciu algúns dos éxitos máis recentes da ficción española, como El desorden que dejas, para Netflix, La unidad, para Movistar+, Hasta el cielo ou a serie Clanes, ambas para Netflix.
Gonzalo Castro
Gonzalo Henrique Castro Prado (A Coruña, 1972), concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, avogado especialista en dereito administrativo.
Dende o ano 2019 forma parte do Goberno Municipal do Concello da Coruña ocupando diferentes postos directivos antes da súa entrada como concelleiro.
Coordinador xeral municipal e presidente delegado do IMCE.
Ignasi Camós
Ignasi Camós Victoria, doutor en Dereito (2000), profesor titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade de Girona (desde 2023). Funcionario da Administración Xeral do Estado. Corpo docente. Estancias de investigación en Ferrara (Italia); Québec (Canadá) e Vancouver (Canadá). Adxunto ao secretario xeral para a inmigración. Departament d’Acció Social i Ciutadania, Generalitat de Catalunya (2006). Asesor en materia de Políticas Sociais (emprego, sanidade e consumo, políticas de asistencia social) do Departamento da Presidencia da Generalitat de Catalunya (2008). Vogal-asesor para asuntos internacionais. Gabinete Técnico da Secretaría Xeral de Emprego (xaneiro de 2008- xaneiro de 2011) Conselleiro de Emprego e de Seguridade Social na Representación Permanente ante a Unión Europea en Bruxelas (xaneiro de 2011-xuño de 2012).
Conselleiro técnico. Ministerio de Educación. Instituto Nacional de Cualificacións (INCUAL).
(Xaneiro-xuño de 2018). Vogal- asesor da área parlamentaria do Gabinete da Ministra de Traballo, Seguridade Social e Inmigración (xullo de 2018-xaneiro de 2019). Asesor coordinador da área parlamentaria do Gabinete da Vicepresidencia Cuarta. Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (xaneiro de 2020-xuño de 2021). No Ministerio de Cultura, asesor parlamentario no Gabinete do ministro. Responsable e coordinador do desenvolvemento do Estatuto do Artista (xullo de 2021–maio de 2023). Director xeral do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais–ICAA (desde o 6 de xuño de 2023).
Verónica Buide
Cunha traxectoria de 20 anos na industria audiovisual e do entretemento, fun produtora executiva de series de animación e longametraxes, e traballei na expansión global de proxectos animados, establecendo alianzas estratéxicas, coproducións e acordos comerciais con estudos, canles, plataformas, distribuidoras e licenciatarios desde Corea ata Canadá, pasando por Europa e Latinoamérica. Tamén son avogada de propiedade intelectual e dereito dixital.
O meu compromiso coa animación vai máis aló da produción; traballo para fortalecer a industria a través do fomento da diversidade e a igualdade de oportunidades, a internacionalización de proxectos e a consolidación de modelos de negocio sustentables para os contidos animados, nos que o compoñente transmedia, dixital e tecnolóxico é cada vez máis importante.
Como presidenta de MIA, Mujeres en la Industria de la Animación en España e Latinoamérica, liderei iniciativas que impulsan a representación e o crecemento do talento feminino no sector. Destaca o programa de mentoría MIANIMA, que apoia a creadoras no desenvolvemento de curtametraxes, longametraxes e series animadas, no que se lles brindan ferramentas e acompañamento estratéxico.
