Skip to main content
As Neves

Sinopsis

As Neves é un pobo galego de montaña onde todos se coñecen. A noite de Entroido, un grupo de adolescentes celebran unha festa e dróganse con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte, espertan cun temporal de neve e coa noticia de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. Mentres, o pobo queda incomunicado e cae internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.


Sonia Méndez (España)

Desde o inicio da súa carreira, Sonia Méndez abarcou diversos ámbitos do audiovisual: dirección, guión, actuación e produción. Dirixe, guioniza e produce as curtametraxes: Perversa Lola, Leo e Mario (se dejan), Café-Bar Santos Peluquería, Ei, Guapa para a longametraxe colectiva Visións, Las damas negras e Conversación con una mujer muerta. Estas últimas premiadas co premio Mestre Mateo á Mellor Curtametraxe nos anos 2011 e 2012, entre múltiples premios e distincións. Tamén crea, coguioniza e interpreta a serie web Angélica y Roberta, Mestre Mateo á Mellor Webserie no ano 2012. No ano 2019 dirixe e escribe a gala dos premios do audiovisual galego e as pezas promocionais de Viajeros del futuro para a CRTVG. Traballa como actriz en diversas series como Serramoura, Os Atlánticos ou Terras de Miranda para a CRTVG, Cuéntame para TVE ou El vecino, de Netflix e en longametraxes como Olvido y León y Rafael, ambas de Xavier Bermúdez, El sexo de los Ángeles de Xavier Villaverde ou Por mí y por todos mis compañeros, de Judas Diz. Como presentadora traballou no programa Galicia de 20 a 20 de Voz Audiovisual, para CRTVG. Desde o ano 2014 idea e dirixe o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, primeiro festival de series web e contidos dixitais do Estado. No ano 2018 funda a produtora audiovisual Cósmica Producións xunto a Nati Juncal Portas. Xa con Cósmica dirixe e escribe a serie Antes de Perder para Playz-RTVE, que tamén foi premiada co Mestre Mateo á Mellor Serie Web en 2020 e a longametraxe documental A Poeta Analfabeta sobre a poeta, feminista e activista galega Luz Fandiño, estreado no festival Cineuropa de Santiago de Compostela, Premio á Mellor Dirección na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) e nominado a mellor documental nos próximos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. É vicepresidenta da Academia Galega do Audiovisual e membro da Asociación de Directores e Directoras de Galicia (CREA). Foi distinguida co Premio Mujeres en Foco, da Asociación de Mujeres Cineastas (CIMA) e a Deputación de Pontevedra.


Presentación e coloquio posterior a cargo da súa directora e dos directores de Cinema por Mulleres A Coruña.

* Con subtítulos en castelán
**  Con interpretación en lingua de signos

cc logo lse


Mércores 12 de marzo, 20.30h.

Cantones Cines

Venda de entradas: 4,50 €
Con desconto: carné xoven, maiores de 65 anos, familias numerosas e persoas desempregadas: 3 €


Longametraxes españolas

Ano de produción: 2024

Duración: 82’

País: España

Idioma: galego. Versión orixinal subtitulada ao castelán


Directora: Sonia Méndez


Elenco: Andrea Fernández, David Rodríguez, Antía Mariño, Xacobe Bruña, Irene Rodríguez e Diego Caro


Produción: Pedro Hernández Santos e Nati Juncal Portas


Guionistas: Sonia Méndez


Dirección de fotografía: Lucía C. Pan


Empresas produtoras: Aquí y Allí Films e Cósmica Producións


Vendas internacionais: Begin Again


Mellor película Biznaga de Ouro en Málaga e nominada en San Sebastián.


CONTACTO

Sede do festival:
Tel. +34 91 319 97 31
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Prensa:
Tel. +34 660 573 049
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

EQUIPO

Cine por Mujeres Madrid está promovido por:

  • Limbo Producciones S.L.
  • Asociación Paracultural

Coñece o noso equipo

NEWSLETTER

REDES SOCIALES