La infiltrada
Sinopsis
Tras pasar varios anos infiltrada nos ambientes da esquerda abertzale como unha moza simpatizante máis da banda terrorista ETA, consegue o que buscaba: ETA contacta con ela. Necesitan que aloxe no seu piso a dous etarras que teñen o obxectivo de preparar varios atentados. A partir deste momento, empeza a misión máis difícil da súa vida: ir informando os seus superiores mentres convive con dous terroristas que, se nalgún momento sospeitan dela, non dubidarán en asasinala.
Directora, guionista e produtora de cine e televisión española. Desenvolve a súa carreira profesional na industria audiovisual e alterna traballos en publicidade e cine. Converteuse na primeira directora de cine español seleccionada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes pola súa ópera prima Carmen y Lola. Dirixiu para a televisión española Cuestión de pelotas, unha reportaxe de Documentos TV sobre as mulleres futbolistas que, en lugar de ser contratadas polo seu talento deportivo, ocupaban postos como limpadoras. Ademais, dirixiu #SHE en 2018 e Chinas en 2023.
Mércores 19 de marzo, 18.00h.
Cantones Cines
Venda de entradas: 4,50 €
Con desconto: carné xoven, maiores de 65 anos, familias numerosas e persoas desempregadas: 3 €
Ano de produción: 2024
Duración: 118’
País: España
Idioma: castelán e euskera. Versión orixinal subtitulada ao castelán
Directora: Arantxa Echevarría
Elenco: Carolina Yuste, Luis Tosar, Nausicaa Bonnín, Diego Anido, Víctor Clavijo, Pedro Casablanc e Pepe Ocio
Produción: María Luisa Gutiérrez e Mercedes Gamero
Guionistas: Arantxa Echevarría e Amèlia Mora
Dirección de fotografía: Javier Salmones
Empresas produtoras: Beta Fiction Spain, Bowfinger e ETP
Vendas internacionais: Film Factory
Trece nominacións aos Premios Goya 2025, Premio Goya á Mellor Película, Goya á Mellor Actriz Protagonista (Carolina Yuste); Premio Forqué á Mellor Interpretación Feminina (Carolina Yuste), Premio Feroz á Mellor Dirección, Premio á Mellor Película Española do Festival Cine por Mujeres Madrid 2024


