Los destellos
Sinopsis
Caroline Ingvarsson, unha directora galardoada de Malmö, Suecia, posúe un diploma da Escola de Cine de Sidney, Australia. Foi seleccionada como unha das seis directoras para Pure Fiction 2015 e Berlinale Talents en 2016; ademais, foi galardoada co Pixel Director Talent Award en 2014 e 2016, e coa bolsa de cinema SWEA Los Ángeles en 2014. Beneath The Spaceship (2015) foi premiada co galardón de guión "After Bergman", estreouse no Festival Internacional de Cine de Toronto e tivo a súa estrea europea no Festival de Cinema de Londres do BFI. We Were Three estreouse no Festival de Cine de Tribeca en 2018 e estivo nunha ducia de festivais internacionais. Unmoored é o seu debut en longametraxe.
Pilar Palomero, licenciada en Filoloxía Hispánica e Cinematografía, desenvolveu unha destacada carreira no cine; comezouna coa súa premiada curtametraxe Niño Balcón en 2009. En 2013, foi seleccionada por Béla Tarr para participar no seu proxecto filme.factory, o que impulsou a súa traxectoria. En 2020, a súa ópera prima Las Niñas triunfou no Festival de Málaga e gañou 4 premios Goya, incluíndo Mellor Película e Mellor Director Novel. A súa seguinte película, La Maternal (2022), foi aclamada en San Sebastián e obtivo premios e múltiples nominacións. A súa terceira longametraxe, Los destellos, foi presentada no mesmo festival.
Crédito da foto: Tamara de la Fuente
Domingo 30 de marzo, 18.00h.
Cantones Cines
Venda de entradas: 4,50 €
Con desconto: carné xoven, maiores de 65 anos, familias numerosas e persoas desempregadas: 3 €
Ano de produción: 2024
Duración: 100’
País: España
Idioma: español. Versión orixinal
Directora: Pilar Palomero
Elenco: Patricia López Arnaiz, Antonio de la Torre, Marina Guerola e Julián López
Produción: Fernando Bovaira, Valérie Delpierre e Simón de Santiago
Guionistas: Pilar Palomero
Dirección de fotografía: Daniela Cajías, A.E.C.
Empresas produtoras: Misent Producciones, MOD Producciones e Inicia Films
Vendas internacionais: Film Factory
Premio Mellor Interpretación en San Sebastián, nominada a catro premios Goya 2025.


