Skip to main content
Un lugar común

Sinopsis

Pilar (Eva Llorach) é unha nai entregada e a enfermeira máis respectada da clínica onde traballa. Ou polo menos iso pensa ela ata o día que, de súpeto, é despedida. Descolocada ante ese repentino baleiro, aférrase desesperadamente ao que sempre fixo: coidar a súa familia. Pero nesta deriva, por momentos torpe e incómoda, descubrirá que quizais pode explorar e atopar unha nova Pilar.


Celia Giraldo (España)

Celia Giraldo (1995), graduada na ESCAC na especialidade de Dirección, explora na súa ópera prima as temáticas que xa comezou a desenvolver na súa exitosa curtametraxe, tamén estreada no Festival D’A, ‘Te busco en todos’. Celia forma parte do equipo de directoras da longametraxe colectiva ‘La filla d’algú’, Premio á Mellor Película Movistar + e Biznaga de Prata á Mellor Actriz no Festival de Málaga en 2019. Recentemente codirixiu a serie liderada por Aina Clotet e Mar Coll ‘Esto no es Suecia’, gañadora do premio Prix Europa á Mellor Serie para Televisión e nominada ao Feroz á Mellor Serie de Comedia.


Venres 21 de marzo, 18.00h.

Cantones Cines

Venda de entradas: 4,50 €
Con desconto: carné xoven, maiores de 65 anos, familias numerosas e persoas desempregadas: 3 €


Longametraxes españolas

Ano de produción: 2023


Duración: 88’


País: España


Idioma: castelán. Versión orixinal


Directora: Celia Giraldo


Elenco: Eva Llorach, Mia Sala-Patau, Aina Clotet, Félix Pons, Teo Soler, Marta Aguilar e Jordina Sala


Produción: Sergi Casamitjana, Aintza Serra, Nadine Rothschild e Inés Massa


Guionistas: Celia Giraldo e Bianca Franceza Omonte


Dirección de fotografía: José Cachón


Empresas produtoras: Escac Studio, Escándalo Films e Materia Cinema


Vendas internacionais: -


Seleccionada nos festivais D’A, Atlántida, Cerdanya. Premio Gaudí á Mellor Dirección Novel. 


CONTACTO

Sede do festival:
Tel. +34 91 319 97 31
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Prensa:
Tel. +34 660 573 049
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

EQUIPO

Cine por Mujeres Madrid está promovido por:

  • Limbo Producciones S.L.
  • Asociación Paracultural

Coñece o noso equipo

NEWSLETTER

REDES SOCIALES