Horia
Sinopsis
Horia, un adolescente inquieto, colle a vella moto de seu pai e vaise de viaxe a través do país para reunirse co seu amor. No camiño, úneselle Stela, unha aventureira nena de 13 anos, e florece unha inesperada amizade.
Ana-Maria Comănescu é unha guionista e directora romanesa afincada en Bucarest. Realizou tres curtametraxes durante os seus estudos no UNATC de Bucarest, todos eles proxectados e premiados en diversos festivais europeos de cinema estudantil. Tras graduarse, traballou como axudante de dirección e directora independente en varios proxectos audiovisuais. Mentres escribía e desenvolvía o seu primeiro proxecto de longametraxe, Horia, participou en múltiples talleres de cinema e mercados de pitching, como Sarajevo Talents en 2017 e MIDPOINT Feature Launch en 2019. En 2022, comezou o seu doutoramento en Cinema e é titora en UNATC como asistente dos profesores de Dirección. Actualmente, está ansiosa por ver os seus dous últimos proxectos emerxer na pantalla de cine no outono de 2023: Cat Funeral, unha curtametraxe financiada de forma independente, que se estreará en Salónica, e Horia, unha coprodución entre Romanía, Serbia e Bulgaria.
* Con subtítulos en castelán
Sábado 15 de marzo, 20.30h.
Cantones Cines
Venda de entradas: 4,50 €
Con desconto: carné xoven, maiores de 65 anos, familias numerosas e persoas desempregadas: 3 €
Ano de produción: 2023
Duración: 108’
País: Romanía, Bulgaria, Serbia
Idioma: rumano. VOSE
Directora: Ana-Maria Comănescu
Elenco: Vladimir Țeca, Angelina Pavel, Liviu Cheloiu, Daniela Nane, Mihaela Velicu, Relu Balkan e Robert Onofrei
Produción: Carla Fotea, Ada Solomon, Rossitsa Valkanova e Nikolina Vucetic-Zecevic
Guionistas: Ana-Maria Comănescu
Dirección de fotografía: Tudor Mircea
Empresas produtoras: microFILM Romania, Klas Film Bulgaria, Biberche Productions Serbia.
Vendas internacionais: Like5
Festivales: seleccionada nos festivais de Sofia e de Transilvania
Directora: Ana-Maria Comănescu
Seleccionada nos festivais de Sofía e de Transilvania.
Estrea na Coruña


