Skip to main content
Klondike

Sinopse

A película narra a historia dunha familia ucraína que vive na fronteira entre Rusia e Ucraína durante o inicio da guerra do Dombás de 2014. Irka négase a abandonar a súa casa incluso cando a vila é capturada polas forzas prorrusas. Pouco despois atoparanse no centro dunha catástrofe aérea internacional o 17 de xullo de 2014.


Maryna Er Gorbach

Cineasta, escritora, produtora e editora de cine ucraína.  Estudou na Universidade Nacional de Teatro, Cine e Televisión I.K. Karpenko-Kary de Kiev e graduouse na Escola Superior de Dirección Cinematográfica Andrzej Wajda. Desde 2017 é membro da Academia de Cine Europeo. Rodou as longametraxes Love me (2013) ou Black Dogs Barking (2009). A súa última película, Klondike (2022), gañou premios como o Golden Tulip á Mellor Película en competencia Nacional, entre outros.


venres 24 de marzo ás 20.00 horas


Películas internacionáis

Ano de produción: 2022


Duración: 100’


País: Ucraína e Turquía


Idioma: Ucraíno, ruso, checo e alemán con subtítulos en español


Directora: Maryna Er Gorbach


Dirección de fotografía: Svyatoslav Bulakovskiy


Elenco: Oksana Cherkashyna, Artur Aramyan, Evgeniy Efremov, Sergey Shadrin, Oleg Shcherbina e Oleg Shevchuk


Produción: Svyatoslav Bulakovskiy, Mehmet Bahadir Er e Maryna Er Gorbach


Empresas produtoras: Kedr Film, Protim Video Production (TR)


Vendas internacionais: ArtHood Entertainment GmbH


Seleccionada en Cleveland, Friburgo, Hong Kong e Guanajuato. Premio Sundance World Cinema Award 2022, Berlinale Panorama, Fribourg Grand Prix. Premiada en Estambul, Santiago, Sarajevo, Os Ánxeles e Seattle. Película Candidata por Ucraína á Mellor Película Estranxeira nos Óscar 2023.


Estrea en Madrid no marco do "Festival de Cine por Mujeres Madrid", en colaboración coa Semana do Cine Ucraíno.


CONTACTO

Sede do festival:
Tel. +34 91 319 97 31
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Prensa:
Tel. +34 660 573 049
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

EQUIPO

Cine por Mujeres Madrid está promovido por:

  • Limbo Producciones S.L.
  • Asociación Paracultural

Coñece o noso equipo

NEWSLETTER

REDES SOCIALES