Skip to main content

Mesa redonda A Coruña 2024

GALICIA: NÓS TAMÉN DIRIXIMOS LONGAMETRAXES


Mesa redonda: Xoves 22 de febreiro de 2024, 19.00 h
Teatro Colón
Avenida da Mariña, núm. 7A, 15003 A Coruña

Iniciando o II Cinema por Mulleres, o xoves 22 de febreiro de 2024 terá lugar unha mesa redonda conformada por directoras de longametraxes galegas, ou que traballan en Galicia, principalmente procedentes da Coruña. 

Directoras participantes: 

- Ángeles Huerta, A Coruña
- Jaione Camborda, San Sebastián-Santiago de Compostela
- Olga Osorio, Lugo
- Paula Cons, A Coruña

Modera: Chelo Loureiro, Ferrol. Directora e produtora de cine (Abano Producións)

Presentación: Carlota Álvarez Basso, Diego Mas Trelles (codirectores do Festival Cine por Mujeres Madrid) e unha persoa representante do Concello da Coruña.

CONVIDADAS NA MESA REDONDA:

Ángeles Huerta

A Coruña

Doutora en Literatura Comparada e diplomada en Dirección Cinematográfica pola Met Film School. Despois dun período de formación como curtametraxista, estrea a súa primeira longametraxe en 2017, Esquece Monelos. A película foi estreada e premiada en diversos festivais nacionais e internacionais. En 2022 estrea O corpo aberto, que obtivo 12 premios Mestre Mateo na última edición dos premios da Academia Galega do Audiovisual. Actualmente está a preparar unha aproximación cinematográfica á figura de Castelao.

Foto: ©Marcos Pereiro

Chelo Loureiro

Ferrol

Chelo Loureiro produciu máis de vinte proxectos e recolleu máis de trescentos premios en festivais internacionais, tres Premios Goya, un Premio Gaudí e dez premios Mestre Mateo.

Valentina, a súa primeira longametraxe como directora, obtivo o Premio Goya á Mellor Película de Animación 2022, e en 2023 como produtora de Unicorn Wars, de Alberto Vázquez.

Jaione Camborda

San Sebastián-Santiago de Compostela

Jaione Camborda estudou na Escola de Cine de Praga (FAMU) e na Escola de Cine de Múnic (HFF). A súa primeira longametraxe, Arima (2019), foi premiada en varios festivais. Dirixiu curtas como Prueba de agilidad, Nimbos, Lilit ou Rapa das bestas. Guionista das longametraxes Los fenómenos e Ons, dirixidas por Alfonso Zarauza, e traballou como directora de arte.

Olga Osorio

Lugo

Olga Osorio, doutora en Humanidades pola UDC (premio extraordinario) e licenciada en Xornalismo pola Complutense de Madrid, é catedrática de ensino secundario na especialidade de Procesos e Medios de Comunicación na Escola de Imaxe e Son da Coruña, onde imparte Dirección e xestión de cinema, así como Planificación de cámara. Dirixiu varias curtas, como Mouras, gañadora de 69 premios, e ¡Salta!, a súa primeira longametraxe.

Paula Cons

A Coruña

Comezou a súa carreira como xornalista e pasou aos poucos anos ao xornalismo de investigación nas máis importantes canles nacionais. Dende aí deu o salto aos documentais e á ficción. Dirixiu o documental estreado na SEMINCI A batalla descoñecida, gañadora do Mestre Mateo, e a serie documental para NETFLIX Dónde está Marta, un éxito en todo o mundo. En ficción dirixiu a película A Illa das Mentiras estreada na sección oficial do Festival de Shanghai, e posteriormente no Festival de San Sebastián, recibiu diversos galardóns na súa andaina internacional e foi a película máis vista en Filmin na súa estrea. Tamén dirixiu varias ficcións sonoras para Audible de Amazon, e foi guionista e produtora executiva de varias películas e documentais.

CONTACTO

Sede do festival:
Tel. +34 91 319 97 31
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Prensa:
Tel. +34 660 573 049
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

EQUIPO

Cine por Mujeres Madrid está promovido por:

  • Limbo Producciones S.L.
  • Asociación Paracultural

Coñece o noso equipo

NEWSLETTER

REDES SOCIALES