La singla
Sinopsis
Xorda de nacemento, La Singla aprendeu a bailar sen escoitar a música. Con só 17 anos chegou a revolucionar o flamenco, pero antes de cumprir os 30 desapareceu dos escenarios. 50 anos despois, este documental chega a contar a súa historia.
Paloma Zapata é directora, guionista, editora e produtora. Naceu en Murcia en 1979. Licenciada en Belas Artes, debuta no cinema como axudante de dirección e guionista en Los Caprichos de Goya. En 2005 funda La Fábrica Naranja en Barcelona, inicialmente un colectivo que en 2008 se formalizou como produtora audiovisual, especializándose na realización de videoclips musicais e traballando con importantes discográficas e cantantes. Tamén realiza algunhas incursións na ficción, como a curtametraxe La Fábula del Dibujante e en publicidade.
Interesada polo cinema independente e de autor, en 2016 enfoca a súa actividade na realización de proxectos cinematográficos que aspiren a chegar a circuítos e festivais internacionais e a investigación nunha linguaxe cinematográfica híbrida entre o documental e a ficción. Os seus proxectos enfócanse en temas relacionados coa música, a cultura e a danza, integrando sempre elementos de temática social. En 2016 estrea Casamance, la banda sonora de un viaje e en 2018 dirixe Peret: yo soy la rumba, que recibiu varios premios. En 2022 realiza o proxecto Juliette & Camille.
Sábado 2 de marzo 18.00 h
Sede: Cantones Cines
Estrea na Coruña
Con subtítulos descritivos e interpretación da presentación en lingua de signos
Directora Paloma Zapata (España)
Xénero: Documental
País de produción: España/Alemaña
Ano de produción: 2023
Duración: 95’
Idioma: Española
Elenco: Antonia Singla (A Singla), Helena Kaittani
Produción: Paloma Zapata, Paola Sainz de Baranda, Nadja Smith
Guionistas: Paloma Zapata
Dirección de fotografía: Dani Mauri, Iñaki Gorraiz
Empresas produtoras: La Fábrica Naranja, Malandar Films, inselfilm produktion.
Vendas internacionais: Rise and Shine World Saes
Seleccionado en Málaga, DocsBarcelona, Sevilla, Hot Docs, Doxa, Thessaloniki, Guadalaxara, Cracovia. Proposta aos premios Feroz.
Estrea na Coruña.


