Sinopsis
Verán de 1977. Bea ten 16 anos e súmase aos aires de cambio que percorren o país; colabora cun grupo de mulleres para visibilizar a causa feminista e axudar a abortar en condicións dignas. A súa rebeldía mesturarase cun sentimento inesperado que trastornará o seu mundo interior. Ao longo destes meses, Bea establecerá unha amizade moi especial con Miren, unha moza algo maior ca ela e de boa familia. O seu compromiso político e a súa relación con Miren marcarán un antes e un despois na súa vida.
Sílvia Munt é directora e actriz. Despois dunha extensa carreira como actriz, onde participou en máis de cincuenta películas e obtivo premios como o Goya, deu un xiro á súa traxectoria cara á dirección, tanto de películas de ficción como de documentais e teatro. Nesta etapa gañou o seu segundo Goya por Lalia, a súa primeira curta documental e moitos outros recoñecementos. Tamén dirixiu varias obras de teatro de grande éxito entre a crítica e o público e escribiu e dirixiu oito películas para televisión.
LGTBIQ+
Directora: Sílvia Munt (España)
Xénero: Ficción
País de produción: España/Francia
Ano de produción: 2022
Duración: 95’
Idioma: Español. VOSE
Elenco: Alicia Falcó, Elena Tarrats, Itziar Ituño, Ainhoa Santamaría, María Cerezuela, Nagore Cenizo Arroyo, Heren de Lucas, Sara
Barroeta
Produción: Xabier Berzosa, Antonio Chavarrías, Fernando Larrondo, Ander Sagardoy
Guionistas: Sílvia Munt, Jorge Gil Munarriz
Dirección de fotografía: Gorka Gómez Andreu
Empresas produtoras: Irusoin, Oberon Media, En la frontera película AIE, en coprodución con Manny Films e A Fidèle Production (Francia)
Vendas internacionais: Filmax
Premio do público do Festival de dereitos humanos de San Sebastián e do xurado xove en Málaga, proposta aos Premios Gaudí.
Estrea na Coruña.
Sede do festival:
Tel. +34 91 319 97 31
Prensa:
Tel. +34 660 573 049
Cine por Mujeres Madrid está promovido por: