Skip to main content
O corno
The Rye Horn

Sinopsis

En 1971, María gaña a vida mariscando en Illa de Arousa. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos seus partos con especial dedicación e coidado. Tras un inesperado suceso, vese obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que a fará loitar pola súa supervivencia. Buscando a súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.


Jaione Camborda (España)

Jaione Camborda é unha cineasta donostiarra residente en Galicia, que estudou na Escola de Cinema de Praga (FAMU) e na Escola de Cinema de Múnich (HFF). A súa primeira longametraxe, Arima (2019) foi amplamente premiada en varios festivais. Previamente destaca o seu traballo dirixindo pezas curtas rodadas con material fílmico, como Proba de Axilidade, Nimbos, Lilit ou Rapa das Bestas, todas elas coa súa produtora Esnatu Zinema. Participou ademais como guionista das longametraxes Os fenómenos e Ons, dirixidos por Alfonso Zarauza, e traballou como directora de arte en varias longametraxes.Tamén foi seleccionada para participar en diferentes laboratorios e residencias, ademais de ser recentemente beneficiaria da bolsa TIFF Canada Goose.


Venres 23 de febreiro, 18.00 h

Sede: Cantones Cines

Venda de entradas

Presentación e coloquio a cargo da directora Jaione Camborda e os directores de Cinema por Mulleres A Coruña


Películas españolas

Directora: Jaione Camborda (España)


Xénero: Ficción


País de produción: España/Portugal/Bélxica


Ano de produción: 2023


Duración: 103´


Idioma: Galego e Portugués. VOSE


Elenco: Janet Novás, Siobhan Fernandes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás, Diego Anido.


Produción: Andrea Vázquez, Jaione Camborda, María Zamora


Guionistas: Jaione Camborda


Dirección de fotografía: Rui Poças


Empresas produtoras: Esnatu Zinema, Miramemira e Elastica Films


Vendas internacionais: Films Boutique


Concha de Ouro no Festival de San Sebastián. Proposta aos Premios Feroz e Goya á Mellor actriz revelación (Janet Novás).


CONTACTO

Sede do festival:
Tel. +34 91 319 97 31
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Prensa:
Tel. +34 660 573 049
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

EQUIPO

Cine por Mujeres Madrid está promovido por:

  • Limbo Producciones S.L.
  • Asociación Paracultural

Coñece o noso equipo

NEWSLETTER

REDES SOCIALES