El eco
Sinopsis
Nun remoto pobo fóra do tempo chamado El Eco, os nenos coidan das ovellas e dos seus avós.
Mentres o inverno e a seca azoutan o lugar, eles aprenden con cada acto, palabra e silencio dos seus pais para entender a morte, o traballo e o amor. Unha historia sobre o eco das cousas que se adhiren á alma, sobre a certeza do acubillo que podemos atopar xunto aos que nos rodean, sobre a rebeldía e a vertixe fronte á vida. Sobre medrar.
Tatiana Huezo é unha cineasta mexicana-salvadoreña. Graduouse no Centro de Capacitación Cinematográfica e ten un Mestrado en Documental de Creación pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. Gañou reputación internacional coa súa opera prima El lugar más pequeño (2011), exhibida en máis de 80 festivais internacionais. Os seus traballos obtiveron diversos recoñecementos ao redor do mundo e foron valorados pola Academia Mexicana de Artes e Ciencias Cinematográficas (AMACC) con oito premios Ariel. Ademais, as súas películas Tempestad e Noche de Fuego foron seleccionadas pola AMACC para representar a México nos Premios Óscar e os Premios Goya, quedando propostas nestes últimos para competir na categoría de Mellor Película Iberoamericana en 2018 e 2022 respectivamente. Tamén imparte conferencias e clases en diferentes espazos académicos.
Directora: Tatiana Huezo (México/O Salvador)
Xénero: Documental
País de produción: México/Alemaña
Ano de produción: 2023
Duración: 102’
Idioma: Español
Produción: Tatiana Huezo, Dalia Reyes
Guionistas: Tatiana Huezo
Dirección de fotografía: Ernesto Pardo
Empresas produtoras: Radiola Films, The Match Factory
Vendas internacionais: The Match Factory
Mención especial do Xurado Internacional no “Festival Cinema por Mujeres Madrid VI”
Gañadora de Mellor Dirección e Mellor Documental en Berlinale, Mellor Documental en Jerusalem, seleccionada nos festivais de Hong Kong, Seattle, Chicago, Morelia, Vision du Réel, San Sebastián


